Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 988

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a innovación no sector pesqueiro cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2021, tramitado como expediente anticipado de gasto (códigos de procedemento PE205G e PE205H).

BDNS (Identif.): 543388.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os propietarios de buques pesqueiros con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia, así como organizacións ou asociacións dos anteriores, incluídas as confrarías, que teñan un ámbito autonómico.

Segundo. Finalidade

As axudas terán como finalidade:

1. Proxectos innovadores, entendendo por tales os que teñan como obxectivo desenvolver ou introducir produtos e equipamentos novos ou substancialmente perfeccionados, procesos ou técnicas novas ou perfeccionadas ou sistemas de xestión e organización novos ou perfeccionados no sector extractivo, tamén na transformación e comercialización.

2. Operacións innovadoras relacionados coa conservación dos recursos biolóxicos mariños que teñan como obxectivo desenvolver ou introducir novos coñecementos técnicos ou organizativos que reduzan os efectos da pesca sobre o ambiente, en particular mediante técnica de pesca perfeccionadas e a selectividade das artes, ou que teñan por obxectivo lograr un uso mais sustentable dos recursos biolóxicos mariños e a coexistencia cos predadores protexidos.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a innovación no sector pesqueiro cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2021, tramitado como expediente anticipado de gasto (códigos de procedemento PE205G e PE205H).

Cuarto. Importe

Para o ano 2021 as axudas concederanse de acordo coa seguinte desagregación que figura dotada no orzamento de gastos de Consellería do Mar para o ano 2021, tramitándose de forma anticipada.

Aplicación orzamentaria: 15.02.723A.770.0, código de proxecto 2016.00277, importe total: 810.000,00 €, distribuído nas seguintes dúas anualidades: anualidade 2021: 560.000,00 € e anualidade 2022: 250.000,00 €, para proxectos innovadores.

Aplicación orzamentaria: 15.02.723A.770.0, código de proxecto 2016.00260, importe total: 800.000,00 €, distribuído nas seguintes dúas anualidades: anualidade 2021: 400.000,00 € e anualidade 2022: 400.000,00 €, para operacións innovadoras relacionada coa conservación dos recursos biolóxicos mariños.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte á publicación da orde.

Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2020

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar