Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 1130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 20 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G competencia desta xefatura territorial (expediente 150029220 e catro máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas solicitantes, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste edicto notifícanse os requirimentos de emenda das solicitudes ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas nos anexos, emprazándoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do acto. Transcorrido este prazo, de non comparecer, terase por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este edicto publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non efectuar a emenda no prazo de 10 días de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, establecido nos requirimentos, contado desde o día seguinte á notificación por comparecencia, daranse por desistidas das súas solicitudes, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 20 de novembro de 2020

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A:

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

46908697J

150029220

21.9.2020

Requirimento de emenda da solicitude

ANEXO II

Procedemento BS650G:

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

32423256H

150052020

17.9.2020

Requirimento de emenda da solicitude

X7577859A

150061520

13.10.2020

Requirimento de emenda da solicitude

X3411114F

150063320

30.9.2020

Requirimento de emenda da solicitude

53160959R

150066620

13.10.2020

Requirimento de emenda da solicitude