Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2021 Páx. 696

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións de Portocelo.

Por Resolución da Alcaldía do 9 de novembro de 2020 confirmouse a aprobación inicial producida por silencio administrativo do Plan especial de infraestruturas e dotacións de Portocelo, coa finalidade de establecer unha área dotacional para a implantación dun complexo socio-cultural recreativo, na rúa Portocelo, A Xermaña, parroquia de Panxón, redactado polo arquitecto Federico Suárez Bernúdez.

De conformidade co artigo 75.1.a) de Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

O expediente administrativo pódese consultar presencialmente nas dependencias municipais, en horario laborable, de luns a venres, ou de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Nigrán (sede.nigran.org, sección «Normativa municipal», subsección «Normas en tramitación»).

Igualmente, para os efectos do establecido no artigo 47.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público que na referida Resolución da Alcaldía do 9 de novembro de 2020 se acorda a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no citado ámbito.

Nigrán, 18 de novembro de 2020

Juan Antonio González Pérez
Alcalde