O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.
Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.
Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese á información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:
– Documentación do procedemento de revisión da autorización ambiental integrada de Avícola de Amoeiro.
Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.
O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático; Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático
ANEXO
Memoria resumo
Expediente: 2019-IPPC-M-86.
Núm. da autorización ambiental integrada: 2007/0239_NAA/IPPC_225.
Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.a).
Titular: Avícola Amoeiro, S.C.
CIF: J32502510.
Domicilio social: Aldea Banga, núm. 6, O Carballiño (Ourense).
Localización da instalación: estrada xeral km 14, Amoeiro (Ourense).
Actividade principal: explotación avícola de galiñas poñedoras.
Descrición: a explotación dispón de 47.312 galiñas poñedoras distribuídas en tres naves con sistema produtivo en gaiolas. Ademais a instalación conta cunha nave almacén, unha nave de recollida e clasificación de ovos, depósitos de auga, un depósito de gasóleo e silos para o almacenamento do penso. Para garantir o almacenamento do esterco producido en 6 meses existe unha esterqueira cuberta con fosa de lixiviados.
Verteduras: as augas residuais xeradas nos aseos da instalación e as augas residuais resultantes da limpeza da nave de recollida e envasado de ovos son conducidas á rede municipal de saneamento. A limpeza das naves con gaiolas non xera augas residuais. As augas pluviais vértense directamente ao terreo.
O esterco producido será recollido por un xestor autorizado.