Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2021 Páx. 419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2020 pola que se fai público o cofinanciamento de servizos hidráulicos nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, cómpre dar publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indican por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2) Obxecto dos contratos:

a) Título: desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada «OH.215.1096. Mellora do sistema de abastecemento en Betanzos. Fase I. Betanzos (A Coruña)».

Clave do expediente: GA.20060.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 (Servizos de saúde e seguridade).

Orzamento base: importe neto: 14.726,25 euros. Importe total: 17.818,76 euros.

Prazo de execución: 9 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 8.150,00 euros. Importe total: 9.861,50 euros.

Empresa contratista: Ingeniería y Prevención de Riesgos, S.L.

b) Título: redacción do proxecto modificado nº 1 da «mellora do sistema de saneamento público nas parroquias de Sendelle e Ameixeira. Crecente (Pontevedra)».

Clave do expediente: GA.20071.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2 (Servizos de asistencia en enxeñaría civil).

Orzamento base: importe neto: 7.140,00 euros. Importe total: 8.639,40 euros.

Prazo de execución: 6 semanas.

Importe da adxudicación: importe neto: 7.000,00 euros. Importe total: 8.470,00 euros.

Empresa contratista: Consultoría Inrupre, S.L.

3) Información sobre o cofinanciamento dos contratos con fondos da Unión Europea:

As actuacións referidas no punto 2) anterior son cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

Estas actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais, submedida 7.2 Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético e prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural».

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia