Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2021 Páx. 432

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

ANUNCIO de exposición do censo electoral.

Unha vez aprobado provisionalmente, en sesión que tivo lugar o día 29 de decembro de 2020, polo Pleno da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia o censo electoral correspondente á elección de cargos do 26 de marzo de 2021, comprensivo dos colexiados que cumpren os requisitos do artigo 42 dos estatutos, en cumprimento do establecido no artigo 46, exponse ao público durante un prazo de 3 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do último inserido no DOG e nas páxinas autonómicas dun dos xornais de maior difusión de Galicia, para que os interesados presenten as reclamacións que consideren oportunas a través do Rexistro Xeral da Sede Colexial.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2020

Avelino José Sanmartín Caamaño
Presidente do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia