Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2021 Páx. 413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a varios interesados a toma de posesión provisional dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Godos (Caldas de Reis-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por ser o seu domicilio descoñecido, notifícase ás persoas interesadas que figuran no anexo, por medio de este anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a toma de posesión provisional dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Godos (Caldas de Reis-Pontevedra).

Texto íntegro da notificación:

«Unha vez transcorrida a data do 15.11.2020 establecida para a toma de posesión provisional dos predios resultantes do proceso de concentración parcelaria da zona de Godos (Caldas de Reis-Pontevedra), detectouse que non se tiña debidamente notificada a referida toma de posesión a diversas persoas, polo que, con data do 14.12.2020, a directora xeral de Desenvolvemento Rural resolveu establecer unha nova data de toma de posesión provisional para estas persoas, entre as cales se atopa vostede, a fin de garantir o exercicio dos seus dereitos en relación co disposto polo artigo 37 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

As novas datas para tomar posesión provisional son:

1. Para terreos de prado, pasteiro, labradío sen colleita e monte, o día 29.1.2021.

2. Para os restantes terreos, no momento en que, segundo o costume, se retiren as colleitas actuais.

Para o caso de que se pretenda retirar arboredo, a data límite é o día 29.7.2021 e debe contarse co preceptivo permiso do Servizo de Montes, e xestionar o aproveitamento con suxeición ao establecido no Decreto 50/2014, do 10 de abril, e na Orde do 20 de abril de 2018, que modifica os seus anexos II, III e VI.

No prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ao 29.1.2021, poderá reclamar por defecto de superficie nos predios atribuídos, xuntando unha medición pericial asinada por técnico competente, sobre diferenzas de superficie superiores a unha marxe de tolerancia variable entre a medición in situ e a que conste no boletín de atribucións dos novos predios, conforme o disposto no antedito artigo 37.

Importante: as persoas propietarias das parcelas de achega deben permitir aos titulares dos novos predios o acceso a eles para realizaren a súa medición no prazo dos dous meses indicado arriba.

Debe terse en conta que:

• A falta de superficie dun predio non será compensada cando exista exceso de superficie no conxunto dos predios atribuídos ao mesmo propietario e esta sexa suficiente para compensar en valor de puntuación o conxunto das atribucións.

• A falta de superficie en terreos de núcleo rural (total ou parcialmente) será compensada nesta mesma clase. No caso de non existir dispoñible terreo deste tipo e o mesmo titular ter exceso de superficie en terreos doutra clase, a compensación farase sobre os ditos terreos.

• Non se admitirá reclamación no caso de que o predio obxecto dela coincida exactamente, na súa delimitación cartográfica, coa parcela achegada polo mesmo titular.

• Impedir ou obstaculizar a toma de posesión é considerada unha infracción moi grave (artigo 90 da Lei 4/2015) sancionada con multa de 1.501 a 6.000 euros.

• Sen prexuízo do indicado no punto anterior, a toma de posesión poderá darse, logo de apercibimento, mediante compulsión directa sobre a/as persoa/s que a impidan.

Os planos do acordo e dos marcos colocados que delimitan os predios están accesibles na internet, na páxina web da Consellería do Medio Rural no seguinte enderezo, na sección publicacións:

https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos».

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE, día en que se entenderá producida a súa notificación.

Pontevedra, 17 de decembro de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de propietario

Interesado/a

Acto que se notifica

009

35419228X

Toma de posesión provisional

095

Francisco Carregal Resúa

Toma de posesión provisional

104

8828602SP

Toma de posesión provisional

106

8828602SP

Toma de posesión provisional

323

Amparo Loira Mosteiro

Toma de posesión provisional

323

Elisa Loira Mosteiro

Toma de posesión provisional

334

Manuel Bustelo Lorenzo

Toma de posesión provisional

355

92761382J

Toma de posesión provisional

397

Benito Pérez Morales

Toma de posesión provisional

397

Flora Pérez Morales

Toma de posesión provisional

397

Manuela Pérez Morales

Toma de posesión provisional

397

María Luisa Pérez Morales

Toma de posesión provisional

397

Teresa Pérez Morales

Toma de posesión provisional

402

Benito Pérez Morales

Toma de posesión provisional

402

Flora Pérez Morales

Toma de posesión provisional

402

Manuela Pérez Morales

Toma de posesión provisional

402

María Luisa Pérez Morales

Toma de posesión provisional

402

Teresa Pérez Morales

Toma de posesión provisional

496

93398773-M

Toma de posesión provisional

496

93398784-Q

Toma de posesión provisional