Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2021 Páx. 373

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (147/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase despedimento/cesamentos en xeral baixo o número 147/2020, en que figura como codemandado Servicios Holstein Servicios de Podología, S.L., no cal se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 12.2.2021, ás 11.55 e 12.00 horas, respectivamente.

Ao encontrarse a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto en cumprimento do disposto na Instrución 6/12, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza