DOI despedimento obxectivo individual 365/2020
Procedemento orixe: /
Sobre despedimento
Demandante: Oswaldo Mouriño Santiago
Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Colegio Juniors, S.L.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2020.
Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase despedimento obxectivo individual, seguido baixo o número 365/2020, en que figura como interveniente Colegio Juniors, S.L., no cal se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 19.1.2021, ás 11.55 e 12.00 horas, respectivamente.
Ao estar a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto, cumprindo o disposto na Instrución 6/12, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza