Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 151

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de emprazamento no recurso contencioso-administrativo 4181/2020 contra un acordo do Concello de San Cibrao das Viñas.

No presente órgano xudicial foi interposto recurso contencioso-administrativo número 4181/2020 pola procuradora María Montserrat Souto Fernández, en nome e representación de D.C.B. contra o Acordo do Pleno municipal de San Cibrao das Viñas (Ourense), do 24 de setembro de 2020, sobre aprobación definitiva do proxecto refundido do Plan especial de dotacións para solo rústico: ampliación do cemiterio parroquial de Santa María da Rabeda.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación de data de onte e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 3 de decembro de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza