Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2021 Páx. 21

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 434/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase despedimento/cesamentos en xeral seguido baixo o número 434/2020, no cal figura como interveniente Grupo Constant Servicios Empresariales, S.L.U., en que se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 25 de xaneiro de 2021 ás 12.40 e 12.45 horas, respectivamente.

Encontrándose a devandita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto, cumprindo o disposto na Instrución 6/12, da Secretaría Xeral da Administración de xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma deste.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2020

Mediante o presente edicto, fago constar que nesta data se procedeu a publicar no taboleiro de anuncios desta oficina xudicial o edicto de referencia, fixando neste copia da cédula ou resolución, en cumprimento do que dispón o artigo 164 da LAC e coa advertencia a que se refire o artigo 59.2 da LXS, facéndose as seguintes comunicacións fixando copia da resolución ou da cédula na oficina xudicial, salvo o suposto de comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou de decreto cando poña fin ao proceso ou resolva un incidente, ou cando se trate de emprazamento.

A letrada da Administración de xustiza.