De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse a concesión do trámite de audiencia e o requirimento de documentación nun procedemento de cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).
As persoas interesadas poden coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias de Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2020
Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Expediente |
Procedemento |
DNI da persoa interesada |
Acto que se notifica |
20081500231-2012-2417 |
Cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia |
32776072Z |
Trámite de audiencia sobre as condicións de cesión do predio |
20081500231-2012-2417 |
Cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia |
32776072Z |
Requirimento de documentación |