Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 262 Xoves, 31 de decembro de 2020 Páx. 51358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Manuel Fonseca Díaz para a explotación porcina de porcos de ceba situada no Baladiño, concello de Sandiás (expediente 2019-IPPC-M-088).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013 sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– «Revisión da autorización ambiental integrada. Explotación intensiva porcina para 3.158 cabezas no lugar do Baladiño, concello de Sandiás (Ourense)».

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Drectora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-088.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2008/0161_NAA/IPPC_242.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.b.

Titular: Manuel Fonseca Díaz.

NIF: 34721646H.

Enderezo social: A Pereira, núm. 106, concello de Rairiz de Veiga (Ourense).

Localización da instalación: O Baladiño, concello de Sandiás (Ourense).

Actividade principal: explotación porcina de porcos de ceba.

Descrición: a explotación dispón de 3.158 porcos de ceba, distribuídos en 2 naves. Na instalación existen 2 pozos de auga potable, 4 depósitos para o almacenamento da dita auga, 10 silos e un grupo electróxeno. Ademais, existe un conxunto de fosas interiores, 2 fosas exteriores cubertas e un rexistro de xurro que garanten o almacenamento do xurro producido en 6 meses.

Verteduras: as augas residuais xeradas nos aseos e vestiarios son recollidas nas fosas de xurro. As augas residuais procedentes da limpeza das naves son recollidas nas fosas interiores das naves xunto co xurro producido, para ser xestionadas posteriormente como fertilizante agrícola. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

O xurro xerado será valorizado coma fertilizante en parcelas de uso agrícola.