Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 261 Mércores, 30 de decembro de 2020 Páx. 51094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2020 pola que se fai público o cofinanciamento nun 75 % pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020, do contrato da obra de mellora do sistema de abastecemento en Betanzos, fase I (expediente OH.215.1096).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do dito Regulamento (UE) nº 1305/2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamiento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3) Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo, código postal 15706.

1.4) Localidade: Santiago de Compostela.

1.5) Código NUTS: ES111.

1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal.

1.7) Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

1.8) Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

1.10) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216.

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/.

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45259000-7 (Reparación e mantemento de instalacións), 45259900-6 (Actualización de instalacións).

4. Código NUTS da localización principal das obras: ES111 Betanzos (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de mellora do sistema de abastecemento en Betanzos. Fase I. (A Coruña). Clave do expediente: OH.215.1096.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, polo trámite ordinario e contratación non suxeita a regulación harmonizada.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 995.965,48 euros. Importe total: 1.205.118,23 euros.

8. Valor estimado do contrato: 995.965,48 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 9 meses.

10. Criterios de adxudicación.

10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes se seleccionou a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2) Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 14 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 22 de outubro de 2020.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1) Ofertas totais: 13.

12.2) Ofertas de pequenas e medianas empresas: 9.

12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4) Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 12 de novembro de 2020.

14. Empresa contratista:

14.1) Nome da empresa ou no seu caso UTE: Vázquez y Reino, S.L.

14.2) NIF: B15618598.

14.3) Enderezo: avda. de Razo, 22. 15100 Carballo (A Coruña).

14.4) Código NUTS: ES111.

14.5) Teléfono: 981 75 57 88.

14.6) Fax: 981 75 55 32.

14.7) Correo electrónico: construc@vazquezyreino.com.

14.8) Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 898.360,00 euros. Importe total: 1.087.015,60 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

O obxecto desta contratación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rexional (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na Medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais», Submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético» e Prioridade 6 de Desenvolvemento Rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural.

Por tratarse dunha obra cofinanciada con cargo a fondos europeos e, en cumprimento e de conformidade coa normativa de publicidade da Unión Europea, o contratista queda obrigado á fabricación e colocación durante a execución da obra, dos paneis, carteis ou placa informativa da actuación contratada, así como á instalación, de ser o caso, da correspondente placa permanente informativa do dito cofinanciamento europea ao final da actuación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1) Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2) Enderezo: Doutor Maceira, 18, baixo.

17.3) Localidade: Santiago de Compostela.

17.4) Código postal: 15706.

17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6) Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

17.7) Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 29 de abril de 2020.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 22 de outubro de 2020.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 23 de novembro de 2020.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia