Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 261 Mércores, 30 de decembro de 2020 Páx. 51119

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cristovo de Cea

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do expediente de delimitación de solo do núcleo rural de Paramios.

De conformidade co disposto no artigo 78.2.a) da Lei do solo de Galicia, do 10 de febreiro, e unha vez aprobado inicialmente mediante acordo do Pleno en sesión celebrada con data do 30 de novembro de 2020, exponse á información pública o expediente de delimitación de solo do núcleo rural de Paramios, na parroquia de Castrelo, deste termo municipal.

O expediente sométese á información pública polo prazo de dous (2) meses, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nos xornais La Región e La Voz de Galicia. Durante ese prazo, calquera interesado poderá examinalo nas dependencia municipais para formular as alegacións ou observacións que se consideren procedentes.

San Cristovo de Cea, 4 de decembro de 2020

José Luís Valladares Fernández
Alcalde presidente