Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 261 Mércores, 30 de decembro de 2020 Páx. 51061

IV. Oposicións e concursos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2020 pola que se resolve o procedemento de libre designación do posto de xefe/a de sección de Apoio e Transparencia convocado mediante a Resolución do 29 de xullo de 2020.

Mediante a Resolución do Valedor do Pobo, do 29 de xullo de 2020, aprobouse a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe/a de sección de Apoio e Transparencia desta institución. A convocatoria foi publicada no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia nº 652 e no Diario Oficial de Galicia nº 154, ambos do 3 de agosto de 2020.

Finalizada a tramitación do procedemento correspondente, e en exercicio das funcións que me atribúe a Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo, e o artigo 7.l) do Regulamento de organización e funcionamento da institución,

RESOLVO:

Nomear a Elena Natalia Aller Fajardo xefa de sección de Apoio e Transparencia do Valedor do Pobo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o Valedor do Pobo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2020

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo