Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 260 Martes, 29 de decembro de 2020 Páx. 50773

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 47/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 47/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Crespo Valladares contra Bobocado Restauración, S.L. e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2020

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada Bobocado Restauración, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 19.000,93 en concepto de principal (2.876,33 euros en concepto de indemnización e 16.124,60 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 1.900,09 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en forma legal a Bobocado Restauración, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza