Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 260 Martes, 29 de decembro de 2020 Páx. 50781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2020/199-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 ao CT Canido II.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-110, en dúas actuacións:

1. GON806: 113 metros; orixe: apoio proxectado C-3000/14; final: apoio proxectado C-1000/14.

2. BAL702: 113 metros; orixe: apoio proxectado C-3000/14; final: apoio proxectado C-1000/14.

LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 442 metros de lonxitude, con orixe no paso aero-subterráneo no apoio proxectado C-7000/16 e final no centro de transformación Canido II.

A instalación está no lugar do Toucido, Oia, municipio de Vigo.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de decembro de 2020

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Vigo; titular: Adelina Fernández Caldeiro; afección: 1,44 m2 para o apoio 1 e 2 metros de liña aérea cunha superficie de voo de 0,2 m2.

Predio 2. Municipio: Vigo; titular: Olga García Dios; afección: 3,24 m2 para o apoio 2, 17 metros de liña aérea cunha superficie de voo de 59,9 m2 e 9,97 m2 para 7 metros de liña subterránea

Predio 3. Municipio: Vigo; titular: descoñecido; 1,44 m2 para o apoio 3.