Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 260 Martes, 29 de decembro de 2020 Páx. 50738

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 3 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS508B).

A Consellería de Política Social convocou, para o ano 2020, a través da Orde do 3 de xaneiro de 2020 as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado (DOG núm. 22, do 3 de febreiro).

O artigo 16 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación da xustificación das axudas concedidas. A data límite para a presentación da xustificación estableceuse para o día 8 de novembro de 2020.

Así mesmo, no número 1 do artigo 16 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento para as entidades de acción voluntaria beneficiarias.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 17 da dita orde indica que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente para os efectos previstos neste artigo. No dito artigo establécese que a falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Así mesmo, o artigo 14 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de entidades beneficiarias requiridas para emendaren as xustificacións que non estean debidamente completadas e/ou presentaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades beneficiarias recollidas no anexo que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria, recollidos no dito anexo. De non o facer, de conformidade co artigo 17.3 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Entidades de acción voluntaria enmarcadas no Programa de fomento e realización de actividades de voluntariado

Nº exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508B

2020/016

Escola Deportiva Santiago

G70301379

– Anexo II
– Anexo III
– Anexo IV
– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 16.1.d)
– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)
– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B

2020/023

Fundación de Adultos Discapacitados de A Coruña, Adcor

G15546484

– Anexo II: corrixir punto terceiro, de acordo co indicado nos puntos quinto e segundo
– Anexo III: corrixir gasto total de acordo co indicado no anexo II
– Memoria económica: indicar a vinculación de cada gasto executado co proxecto subvencionado (artigo 16.1.b)
– En canto aos fondos propios, a entidade deberá acreditar na xustificación o importe, a procedencia e a aplicación de tales fondos á actividade subvencionada (artigo 16.1.d.6º)
– Achegar TC2 de xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño e xullo (artigo 16.1.d.4º)
– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 16.1.d.3º)

BS508B

2020/026

Comunidade de Montes de Teis

V36841047

– Anexo II: asinar correctamente e revisar os puntos 2º, 3º e 5º
– Anexo III: asinar correctamente
– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 16.1.d)
– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a): revisar e completar
– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B

2020/033

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada

G27320225

– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)
– Memoria económica (artigo 16.1.b)
– Anexo II: corrixir o punto primeiro de acordo co total do proxecto indicado na solicitude inicial e o punto quinto de acordo co anexo III
– Anexo III: suprimir a factura nº 137028983121, xa que non foi pagada dentro do prazo de xustificación
– Achegar TC1 do mes de setembro e TC2 do mes de outubro (artigo 16.1.d.4º)

Achegar

Fundación Hospital Asilo de Nuestra Señora de los Ángeles

G32008633

– Anexo II
– Anexo III
– Anexo IV
– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 16.1.d)
– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)
– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B

2020/040

Alume Saúde Mental

G27198977

– Anexo III: asinar correctamente, revisar a columna de orzamento total, presentar os TC1 desde xaneiro a setembro, presentar o TC2 de outubro e corrixir o gasto das nóminas de outubro de acordo co artigo 16.1.d.4º
– Memoria económica: corrixir o gasto das nóminas de outubro de acordo co artigo 16.1.d.4º
– Memoria de actividades: rectificar o ano 2019 na data de fin de actividades (páx. 3)

BS508B

2020/041

Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña, Grumico

G15038797

– Anexo III: corrixir gasto total de acordo co indicado na memoria económica
– Achegar xustificantes do pagamento da factura nº L2339 e das nóminas de outubro (artigo 16.1.d)
– Achegar o modelo TC2 dos meses de abril, maio e outubro (artigo 16.1.d.4º)
– Achegar o modelo TC1 e o seu xustificante de pagamento dos meses de abril e maio (artigo 16.1.d.4º)
– Achegar xustificante do pagamento do modelo TC1 do mes de setembro (artigo 16.1.d.4º)
– Certificacións de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria

BS508B

2020/044

Natural Ardai, Terapia, Ocio y Formación

G32456097

– Anexo II
– Anexo III
– Anexo IV
– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 16.1.d)
– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)
– Memoria económica (artigo 16.1.b)
– Certificacións de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria

BS508B

2020/047

Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer, Fagal

G15656739

– Anexo II
– Anexo III
– Anexo IV
– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 16.1.d)
– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)
– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B

2020/053

Aspronaga, Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia

G15028855

– Anexo II
– Anexo III
– Anexo IV
– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 16.1.d)
– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)
– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B

2020/057

Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Ourense Renacer

G32306623

– Anexo III e memoria económica: corrixir o gasto da nómina outubro de acordo co artigo 16.1.d.4º e revisar os importes indicados nas facturas nº T71F 2902 e T71F 2783
– Anexo IV (artigo 16.1.e)
– Achegar copia da factura nº T71F 2783 completa (artigo 16.1.d)
– Achegar os modelos TC2 dos meses de xaneiro, febreiro, marzo, xullo e outubro (artigo 16.1.d.4º)
– Certificacións de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria

BS508B

2020/064

Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) da Provincia da Coruña, Aspanaes

G15048937

– Anexo II
– Anexo III
– Anexo IV
– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 16.1.d)
– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)
– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B

2020/068

Fundación Eomaia

G27729326

Anexo III: indicar o gasto computable, presentar xustificante de pagamento da factura FA2020_006, presentar os recibos nº 32 e nº 42, corrixir o recibo nº 20, rectificar a certificación para o cambio de conta bancaria e achegar certificado da entidades bancaria sobre o titular da nova conta, presentar a xustificación de ter pagado do seguro de accidentes e os xustificantes de pagamento dos recibos da póliza de responsabilidade civil

BS508B

2020/072

Asociación Síndrome de Down de Lugo

G27202043

– Anexo III e memoria económica: corrixir o gasto da Seguridade Social de outubro de acordo co artigo 16.1.d.4º

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros de RC e accidentes para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 16.1.d.3º)

– Remitir copia das nove facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos relacionados no anexo III, xunto cos correspondentes xustificantes de pagamento (artigo 16.1.d)

– Remitir copia das nóminas de agosto, setembro e outubro, xunto cos correspondentes xustificantes de pagamento (artigo 16.1.d.4º)

– Achegar copia do modelo TC2 do mes de outubro (artigo 16.1.d.4º)

– Revisar a xustificación do pagamento do modelo TC1 do mes de abril e achegar os xustificantes que correspondan (artigo 16.1.d.4º)

– Achegar copia do modelo 111 do terceiro trimestre, xunto cos correspondentes xustificantes de pagamento (artigo 16.1.d.4º)

BS508B

2020/076

Asociación Española contra el Cáncer (AECC)/Junta Provincial de Ourense

G28197564

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade
– Anexos II e III: debidamente asinados
– Memoria económica (artigo 16.1.b)
– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados, xustificantes dos pagamentos e demais documentación de acordo co artigo 16.1.d)

BS508B

2020/083

Sociedade Amigos de Redondela, Soar

G94175544

– Anexo II
– Anexo III
– Anexo IV
– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 16.1.d)
– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)
– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B

2020/088

Arquitectos Sin Fronteras España, ASF-Demarcación Galicia

G60192614

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 16.1.d.3º)
– Remitir copia dos xustificantes do pagamento de seis facturas remitidas (artigo 16.1.d)
– Achegar copia do xustificante do pagamento da factura nº 0298 2020 (artigo 16.1.d)
– Achegar modelo 111 do terceiro trimestre e copia do seu xustificante de pagamento (artigo 16.1.d.4º)

BS508B

2020/091

Fundación Grandes Amigos en Acción

G83625509

– Presentar xustificante de pagamento das dúas facturas de ArtBox (200465 e 200564)

BS508B

2020/103

Asociación Sustinea

G32422834

– Anexo III
– Anexo IV
– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 16.1.d)
– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)
– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B

2020/105

Asociación Raíña Paraíso

G70461009

– Anexo II: falta unha sinatura
– Anexo III: falta unha sinatura, rectificar o cálculo da factura con data 15.3.2020 de acordo coas datas do proxecto, TC1 e xustificante de pagamento de agosto, TC2 de agosto, modelo 111 do 3º trimestre e o xustificante de pagamento, revisar a columna de gasto total e presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 16.1.d.3º)
– Memoria económica: adaptar aos cambios do anexo III

BS508B

2020/106

Fetega-UDP, Federación Territorial de Asociaciones Provinciales de Pensionistas y Jubilados de Galicia

G32193138

– Anexo II
– Anexo III
– Anexo IV
– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 16.1.d)
– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)
– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B

2020/107

Marola Fútbol Club

G15583370

– Anexo II
– Anexo III
– Anexo IV
– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 16.1.d)
– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)
– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B

2020/109

Fundación Baiuca Verdescente

G70542113

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 16.1.d.3º)
– Anexo IV
– Anexo III: debidamente cuberto, detallando as datas de emisión, número de factura e gasto computable de cada un dos xustificantes aportados e achegar toda a documentación de acordo co artigo 16.1.d)

BS508B

2020/110

APAMP, Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral

G36624120

– Anexo II
– Anexo III
– Anexo IV
– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 16.1.d)
– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)
– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B

2020/114

Asociación Juvenil y Cultural Ateibo

G27013309

– Anexo III: corrixir o formato e o gasto total de acordo co indicado na memoria económica
– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 16.1.d.3º)

BS508B

2020/115

Asociación Mirabal

G70312954

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 16.1.d.3º)
– Achegar copia do modelo 111 do 3º trimestre, xunto co correspondente xustificante do pagamento (para a xustificación do gasto total da factura nº A/4 2020)

BS508B

2020/116

Club Hockey Compostela

G70160114

– Anexo II
– Anexo III
– Anexo IV
– Remitir copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 16.1.d)
– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)
– Memoria económica (artigo 16.1.b)
– Certificacións de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria

BS508B

2020/118

Asociación Ecos do Sur

G15354483

– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)
– Anexo III: completar o pagamento da nómina de agosto, completar o pagamento das facturas do alugamento de setembro e outubro e eliminar as facturas e nóminas de xaneiro ao estar fóra das datas de proxecto
– Memoria de actividades: adaptar aos cambios do anexo III

BS508B

2020/119

Asociación Ámbar das Persoas con Diversidade Funcional

G15052434

– Anexo III: revisar o gasto total indicado, asinar correctamente os catro recibos, aclarar os pagamentos dos TC1 de febreiro e marzo
– Anexo IV
– Memoria económica: corrixir o gasto da nómina de outubro de acordo co artigo 16.1.d.4º

BS508B

2020/121

Asociación Proxecto Máscaras

G70401518

– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)
– Presentar os xustificantes de pagamento do seguro de accidentes para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 16.1.d.3º)
– Anexo III e memoria económica: corrixir o importe indicado na factura nº 4R2VQMCY57SG e, de ser o caso, corrixir o anexo II

BS508B

2020/122

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

G27753268

– Anexo II: falta unha sinatura e rectificar o punto 1º
– Anexo III: falta unha sinatura, presentar recibos dos pagamentos ás persoas voluntarias, presentar os xustificantes de pagamento das tres facturas de materiais e rectificar o importe indicado nos seguros
– Memoria económica (artigo 16.1.b)

BS508B

2020/124

Asociación Cultural Xaquedrum

G27336353

– Memoria das actividades realizadas (artigo 16.1.a)
– Anexo III: presentar as pólizas de seguro de accidentes e responsabilidade civil, presentar o TC1 de xaneiro e os TC2 de xaneiro, febreiro e marzo e completar o pagamento da nómina de marzo