Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 259 Luns, 28 de decembro de 2020 Páx. 50637

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do expediente FG número 648.

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 17 de novembro de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle do solo urbano non consolidado do POL-4, Santa Ana, Mera (documento R.E. nº 2020015334 do 9.11.2020), con condicións.

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org.

Oleiros, 23 de novembro de 2020

Ángel García Seoane
Alcalde presidente