De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentadas as notificacións persoais nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse ás persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos adoptounos o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra.
Dada a situación actual ocasionada pola COVID-19 a comparecencia solicitarase a través do seguinte correo electrónico: cita.igvs.pontevedra@xunta.gal.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderase producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 10 de decembro de 2020
María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: ES-P-058/20.
DNI: 76994523E.
Acto obxecto de notificación: acordo de inicio.
Expediente: ES-P-060/20.
DNI e NIE: 71709743K e X1964294W.
Acto obxecto de notificación: acordo de inicio.
Expediente: ES-P-011/20.
DNI: 47652153V.
Acto obxecto de notificación: resolución.
Expediente: ES-P-013/20.
NIE: X6206604P.
Acto obxecto de notificación: resolución.