Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 258 Xoves, 24 de decembro de 2020 Páx. 50552

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de orde de execución para a limpeza de predios.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, procédese á publicación de expedientes incoados e referencias catastrais de tres parcelas en situación de risco de incendio, das cales non se ten constancia dos titulares catastrais, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, e advertindo expresamente da execución subsidiaria por parte do concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro das resolucións da orde de execución de limpeza de predios dos expedientes está á disposición dos interesados no Concello da Guarda.

Expediente

Referencia catastral

Pol.-parcela-lugar

Interesado

2208/2020

36023A034004180000UB

Polígono 34, parcela 418

O Couto-Camposancos

Titular descoñecido-en investigación

2197/2020

36023A034004200000UA

Polígono 34, parcela 420

O Couto-Camposancos

Titular descoñecido-en investigación

2381/2020

36023A034004230000UG

Polígono 34, parcela 423

O Couto-Camposancos

Titular descoñecido-en investigación

O cómputo dos prazos comezará a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado. Os interesados dispoñen dun prazo de quince días naturais, contados desde a data indicada, para repor as condicións de seguridade e salubridade dos terreos mediante unha limpeza e roza completa que deben incluír a sega da maleza dos muros, en caso de que linden con vía pública, así como, en xeral, a corta de todas as especies propicias para a proliferación da masa vexetal e/ou propagación do lume, así como a varredura e a súa recollida.

A Guarda, 25 de novembro de 2020

Antonio Lomba Baz
Alcalde