Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 258 Xoves, 24 de decembro de 2020 Páx. 50521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 9 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a apertura do trámite de alegacións a certos interesados no expediente de expropiación da LAT de 132 kV de evacuación do parque eólico de Ourol (expediente IN408A 2018/18).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícase ás persoas interesadas o acto sinalado no cadro anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, logo de solicitude de cita no teléfono 982 29 48 04, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial en Lugo da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 9 de decembro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN408A 2018/18.

Acto notificado: apertura de trámite de alegacións, tras a declaración responsable do promotor do proxecto pola que comunica os acordos acadados desde o 4 de febreiro de 2020, así como as diferenzas substanciais detectadas entre as xeometrías catastrais dos predios afectados polo expediente de expropiación e as determinadas tras o levantamento topográfico efectuado.

Interesado

Trámite

Francisco Terol Suárez

Alegacións