Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 258 Xoves, 24 de decembro de 2020 Páx. 50494

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2020 pola que se modifica o anexo da Resolución do 1 de xullo de 2020 pola que se dá publicidade á resolución pola que se conceden as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, sobre a base da convocatoria de subvencións realizada mediante a Resolución do 18 de decembro de 2019 deste mesmo órgano (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2020), (código de procedemento IN421I).

Mediante a Resolución do 18 de decembro de 2019, establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, medida 7, actuacións dirixidas á mellora dos servizos básicos e renovación das poboacións nas zonas rurais.

En virtude do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no caso de resolución de concesión de subvencións poderase substituír a notificación individual pola publicación no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal). Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade das subvencións outorgadas.

Mediante a Resolución do 1 de xullo de 2020, resolveuse a orde de convocatoria e constituíuse unha lista de agarda cos expedientes que non resultaron beneficiarios.

Antes do peche da lista de agarda, estimáronse tres recursos de alzada e ademais houbo varias renuncias de axudas concedidas, o que implicou a existencia de crédito dispoñible. Segundo o disposto nas bases reguladoras e cos requisitos establecidos nelas para os expedientes que conforman a lista de agarda da Resolución do 1 de xullo de 2020, a lista foi atendida por rigorosa orde de puntuación ata esgotar o crédito dispoñible. De acordo con isto modificouse a lista de beneficiarios.

Procédese por medio desta resolución á publicación da modificación da listaxe de beneficiarios definitivos das axudas outorgadas pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia ao abeiro da Orde do 18 de decembro de 2019. A lista dos beneficiarios definitivos poderase consultar na www.inega.gal ou en http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/Energiasrenovables/2020/ficha_renovables2020_0001.html?idioma=gl.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

Paula María Uría Traba
Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia