Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 258 Xoves, 24 de decembro de 2020 Páx. 50527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 26 de novembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Fonte do Seixo e Burata Cavada, a favor dos veciños/as de Meizo, na parroquia de Macendo (Santa María), no concello de Castrelo de Miño.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 2 de setembro de 2020, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que de seguido se relacionan:

Nome do monte: Ampliación de Fonte do Seixo e Burata Cavada.

Superficie: 2,13 ha.

Pertenza: CMVMC de Meizo.

Parroquia: Macendo (Santa María).

Concello: Castrelo de Miño.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio 1:

Porción de terreo que se localiza entre o predio Burata Cavada, e os terreos da parcela denominada As Cazotas que forma parte do MVMC Fonte do Seixo e Burata Cavada.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32023A03400015 (parte da parcela)

Norte, sur, leste e oeste

32023A03400015 (resto da parcela)

Predio 2:

Estes terreos constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, aínda que está atravesado por un camiño sen referencia catastral e polo camiño correspondente á parcela catastral 9004, do polígono 31.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencias catastrais

Lindeiros

Referencias catastrais

32023A03100410 (parte da parcela)

32023A03100415 (parte da parcela)

Norte

32023A03209003

Leste

32023A03100415 (resto da parcela)

32023A03100410 (resto da parcela)

Sur

32023A03100410 (resto da parcela)

Oeste

32023A03109001

Predio 3:

A parcela coa referencia catastral 32023A04000600 inclúese en toda a planimetría e no informe de validación gráfica presentado (CSV: F1AKVMHX7HMSQ1AC) coa nova parcelación do MVMC despois da ampliación cos terreos obxecto da solicitude. Non obstante e, entendendo que se trata dun erro, no punto 1 da memoria non figura.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencias catastrais

Lindeiros

Referencias catastrais

32023A04000600

32023A04001000 (parte da parcela)

Norte, sur e oeste

32023A04001000 (resto da parcela)

Leste

32023A04009002

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período de un mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que xulguen convenientes así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 26 de novembro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense