Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A (expediente CO181384 e catro máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázase para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atender ao acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de 10 días a partir do día seguinte á notificación, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teranse por desistidos da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 9 de novembro de 2020

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Procedemento BS611A

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto

administrativo

CO181384

32392983J

Requirimento da emenda da solicitude

8.10.2020

CO214871

32324126H

Requirimento da emenda da solicitude

2.10.2020

CO226103

X7939121G

Requirimento da emenda da solicitude

25.9.2020

CO230271

33207897Z

Requirimento da emenda da solicitude

24.9.2020

CO230286

47435206Y

Requirimento da emenda da solicitude

25.9.2020