Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A (expediente CO59668 e sete máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fora posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázase para proceder á notificación das resolucións ditadas ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, que non esgotan a vía administrativa, poderá interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social nesta xefatura territorial no prazo de trinta días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, de conformidade co artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 9 de novembro de 2020

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Procedemento BS611A

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

CO59668

32376550W

Resolución por falecemento e acordo de arquivo

30.9.2020

CO210135

32434507E

Resolución por falecemento e acordo de arquivo

22.9.2020

CO227936

32366712P

Resolución por falecemento e acordo de arquivo

30.9.2020

CO213251

74276311L

Resolución aceptando a desistencia e declarando concluso o procedemento

2.10.2020

CO229907

32344377Y

Resolución aceptando a desistencia e declarando concluso o procedemento

2.10.2020

CO221559

32753569M

Resolución aceptando a desistencia e declarando concluso o procedemento

2.10.2020

CO228370

47439061C

Resolución de recoñecemento

21.9.2020

CO197969

34897973G

Resolución desestimatoria de revisión

28.9.2020