Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 4 de decembro de 2020 pola que se notifica o acordo de inicio de expediente de reintegro do proxecto IN525A-2020/004.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), logo de intentar sen éxito a notificación do acordo de inicio de expediente de reintegro do proxecto IN525A-2014/004 no último domicilio social coñecido de Juan Luis Benito Garrote, notifícaselles por medio da presente cédula no Boletín Oficial del Estado aos interesados o contido de dito acto como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento do mesmo.

Segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na tramitación do procedemento de reintegro garantirase, en todo caso, o dereito do interesado á audiencia, polo que, consonte o disposto no artigo 82.2 da mencionada Lei 39/2015, de 1 de outubro, concédeselle ao beneficiario da subvención un prazo de quince (15) días para alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes. Se antes do vencemento do prazo os interesados manifestan a súa decisión de non efectuar alegacións nin aportar novos documentos ou xustificacións terase por realizado o trámite.

O interesado, durante este prazo, poderá presentarse nas dependencias da Axencia Galega de Innovación, sita na rúa Airas Nunes, s/n, 15702 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Proxecto: IN525A-2014/004.

Nome ou razón social: Juan Luis Benito Garrote.

CIF/NIF: ***3765**.

Axuda: Resolución do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofnanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN525A).

Contido do acto: acordo de inicio de expediente de reintegro de subvención.