Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50417

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, de dous postos de xefe/a da Sección de Persoal de Xestión e Servizos da Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información, convocada pola Resolución do 15 de xullo de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 149, do 27 de xullo).

Unha vez convocada mediante Resolución do 15 de xullo de 2020 (DOG núm. 149, do 27 de xullo) a provisión de dous postos de xefe/a da Sección de Persoal de Xestión e Servizos da Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; pola Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril), de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de dous postos de xefe/a da Sección de Persoal de Xestión e Servizos da Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os/as aspirantes seleccionados/as deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que se estableza na orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución poderá interporse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2020

Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

ANEXO

Posto: xefe/a da Sección da Área Funcional de Xestión e Implantación de Aplicacións da Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información.

Nome e apelidos: Miguel Ángel Rois Madarro.

DNI (*): ***9575**.

Posto: xefe/a da Sección da Área Funcional de Xestión de Microinformática e Medios Audiovisuais da Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información.

Nome e apelidos: Francisco Javier Santiago Potel.

DNI (*): ***5851**.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.