Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 256 Martes, 22 de decembro de 2020 Páx. 50252

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1246/2020-PM).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 1246/2020-PM

Xulgado de orixe/autos: PO. Procedemento ordinario 1006/2017. Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Jesús Rodríguez Fernández

Avogado: Alfredo Briales Porcioles

Recorridos: Fogasa, Caser, S.A., G.I. Granitos Ibéricos, S.A., Graniblok, S.A., Rocas Graníticas Gallegas, S.A., Maximino Fernández Vázquez, Helvetia Cía. Suiza, S.A. de Seguros, Cachotes Atios, S.L., Perpiaño de Atios Porriño, S.L., Cabaleiro Nogueira & Fernandes Lda., Mantenimiento, Construcciones y Jardinería, S.L., Cabaleiro Nogueira, S.L., Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros

Avogados: letrado/a de Fogasa, María Goretti Montero Castro, Mónica Díaz Rey, Beatriz Lago Gómez, Patricia Saborido Froján, Emilio de la Cuesta Mediero, María Belén Raposo Pérez

Procuradores: María del Carmen Vázquez Cueto, Jesús Antonio González-Puelles Casal, María Teresa Pita Urgoiti

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1246/2020 desta sección, seguido por instancia de Jesús Rodríguez Fernández contra a empresa Caser, S.A., G.I. Granitos Ibéricos, S.A., Graniblok, S.A., Rocas Graníticas Gallegas, S.A., Maximino Fernández Vázquez, Helvetia Cía. Suiza, S.A. de Seguros, Cachotes Atios, S.L., Perpiaño de Atios Porriño, S.L., Cabaleiro Nogueira & Fernandes Lda., Mantenimiento, Construcciones y Jardinería, S.L., Cabaleiro Nogueira, S.L., Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Jesús Rodríguez Fernández, contra a Sentenza do 6 de novembro de 2019, ditada polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo no proceso promovido polo recorrente fronte ás empresas Rocas Graníticas Gallegas, S.A., Perpiaño de Atios Porriño, S.L., Mantenimiento, Construcciones y Jardinería, S.L., Cachotes Atios, S.L., G.I. Granitos Ibéricos, S.A., Graniblock, S.A., Cabaleiro Nogueira, S.L. e Cabaleiro Nogueira & Fernandes Lda. e contra as entidades aseguradoras Helvetia Compañía Suiza de Seguros y Reaseguros, S.A., Generali España, S.A. e Caja de Seguros Reunidos, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de dezaseis díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou
37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Cachotes Atios, S.L., Perpiaño de Atios Porriño, S.L., Mantenimiento, Construcciones y Jardinería, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza