Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 256 Martes, 22 de decembro de 2020 Páx. 50103

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de decembro de 2020 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Advertido erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 255, do luns, 21 de decembro de 2020, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 49879, onde di: «A comisión valorará as solicitudes e a documentación presentadas e elevada a proposta definitiva de concesión destas axudas, segundo prevén os puntos oitavo e noveno da orde de convocatoria, e en virtude das atribucións que ten conferidas a Consellería de Cultura, Educación e Universidade,».

Debe dicir: «Valoradas pola comisión as solicitudes e a documentación presentadas e elevada a proposta definitiva de concesión destas axudas, segundo prevén os puntos oitavo e noveno da orde de convocatoria, e en virtude das atribucións que ten conferidas a Consellería de Cultura, Educación e Universidade,».