Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 49993

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2020 pola que se declara deserto o proceso selectivo convocado para o ingreso na escala de letrados.

Mediante a Resolución do 3 de abril de 2019 (DOG do 12), a Universidade de Vigo convocou un proceso selectivo para o ingreso na escala de letrados polo sistema de acceso xeral libre.

Vista a comunicación do tribunal cualificador, do 13 de novembro de 2020, no sentido de que ningún candidato superou as probas selectivas da fase de oposición desta convocatoria.

Esta reitoría resolve declarar deserto o proceso selectivo convocado para o ingreso na escala de letrados da Universidade de Vigo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 11 de decembro de 2020

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo