Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 49884

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade da concesión do III Premio CGAC de investigación e ensaio sobre a arte contemporánea do ano 2020.

Conforme o previsto no artigo 13 da Orde da Consellería de Cultura e Turismo do 16 de xuño de 2020 (DOG núm. 127, do 29 de xuño), pola que se convocou para o ano 2020 o III Premio CGAC de investigación e ensaio sobre a arte contemporánea, resolvo facer pública a concesión do devandito premio a Laura Calvo Gens, por unha contía de 3.000,00 €, ao texto orixinal Memoria do Azul.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020

Anxo M. Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura