Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 50042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A (expediente CO212096 e oito máis).

Despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos de citación ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 á 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non atender ao acto que se notifica, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable ao interesado, e acordarase o arquivamento das actuacións, logo da resolución que lle será notificada ao interesado.

A Coruña, 9 de novembro de 2020

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

CO212096

32761617A

Citación para o recoñecemento

28.9.2020

CO218848

32781559G

Citación para o recoñecemento

28.9.2020

CO226684

33538175N

Citación para o recoñecemento

28.9.2020

CO226845

32350532C

Citación para o recoñecemento

28.9.2020

CO227322

76353354R

Citación para o recoñecemento

28.9.2020

CO227482

11768299G

Citación para o recoñecemento

28.9.2020

CO227729

32443949B

Citación para o recoñecemento

28.9.2020

CO227795

Y4188870D

Citación para o recoñecemento

1.10.2020

CO227831

32353620A

Citación para o recoñecemento

1.10.2020