Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49847

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de aprobación do texto inicial do Convenio urbanístico entre o Concello do Carballiño e o Concello de Maside para a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do Carballiño e das normas subsidiarias de planeamento municipal de Maside para o desenvolvemento de solo industrial.

O Pleno municipal do Concello do Carballiño, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 26 de novembro de 2020, acordou:

Aprobar o texto inicial do Convenio urbanístico entre o Concello do Carballiño e o Concello de Maside para a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do Carballiño e das normas subsidiarias de planeamento municipal de Maside para o desenvolvemento de solo industrial.

Unha vez asinado o convenio, sométese ao trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, por un período dun mes. O anuncio indicará o lugar ou punto de acceso electrónico a un enderezo en que se poida consultar o seu contido íntegro; no anuncio constará a identidade das partes.

Tras a información pública, de non se presentaren alegacións, o texto inicial aprobado e o documento administrativo asinado entenderanse definitivos sen necesidade de nova sinatura nin da súa ratificación por parte do Pleno municipal, e producirá esta aprobación e a formalización acadada plenos efectos xurídicos. Calquera das partes poderá solicitar a elevación do documento administrativo a escritura pública. O texto íntegro do convenio publicarase no Diario Oficial de Galicia, anotarase no Rexistro de Convenios e remitirase copia ao Arquivo de Convenios, de conformidade co previsto no artigo 403 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.

A eficacia do dito convenio queda condicionada á aprobación definitiva das modificacións dos respectivos planeamentos urbanísticos.

Durante o período de información pública, o texto íntegro do convenio, xunto co resto do expediente administrativo, atoparanse á disposición do público en xeral na páxina web do Concello do Carballiño http://www.carballino.gal/, no portal de transparencia, así como nas dependencias municipais (sitas na Casa do Concello, número 1, da Praza Maior do Carballiño), das 9.00 ás 13.00 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes.

O Carballiño, 1 de decembro de 2020

Francisco José Fumega Piñeiro
Alcalde