Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49864

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

El Progreso de Lugo, S.L.

ANUNCIO da convocatoria XXVIII do premio xornalístico Puro Cora.

O Premio Puro Cora creouse co obxectivo de estimular as iniciativas individuais que, en calquera das súas facetas, contribuísen a ennobrecer o papel dos medios de comunicación, tanto a nivel nacional coma internacional, con anterioridade a esta convocatoria.

O resultado do premio farase público o día 2 de febreiro de 2021, en Lugo, e está dotado con 10.000 euros.

A correspondencia a enviarase a El Progreso de Lugo, S.L., rúa Ribadeo, 5, 27002 Lugo.

Lugo, 17 de decembro de 2020

Blanca García Montenegro
Presidenta