Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Empresas del Cerramiento de Galicia (Aecalpo).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos no mesmo, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral acordouse depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociación de Empresas del Cerramiento de Galicia (Aecalpo).

– Ámbito Territorial: Comunidad Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser membros da asociación todas aquelas empresas que acrediten o exercicio das actividades empresariais do sector de cerramento exterior vinculado coa construcción e que teñan o seu domicilio social situado na Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto, as de carpintaría metálica en aluminio, ferro, aceiro inoxidable e pvc, fabricación, instalación, reparación e mantemento de portas e portais manuais motorizados e/ou automáticos, fabricación e montaxe de estruturas metálicas, instalación de persianas, instalación de vidro, así como calquera outra que poida ser asimilada ás anteriores.

Asinantes: Ángel Bernárdez Piñeiro e José Ángel Giance Bermúdez

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2020

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais