Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 27 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Cambre no ámbito do SAU-RD1 A Barcala, no concello de Cambre (expediente 2016AAE1945).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise pública a Resolución do 27 de novembro de 2020 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Cambre no ámbito do SAU-RD1 A Barcala, no concello de Cambre.

Esta declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1860/2016.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático