Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 17 de decembro de 2020 Páx. 49609

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 74/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 74/2020 deste xulgado, foi ditado auto no 14 de xullo de 2020, e Decreto no 14 de xullo de 2020, e que se pode interpor recurso de reposición contra o primeiro e recurso de revisión, contra o segundo, no prazo de tres días.

Faise saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da/s dita/s resolución/s na secretaría deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguinte comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Adolfo Fragoso Gómez, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza