Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49237

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2020 pola que se dá publicidade da resolución de concesión do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial.

Mediante Resolución do 19 de febreiro de 2020 (DOG nº 42, do 3 de marzo), publicáronse as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2020 en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 11.2 que a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva de data 27 de novembro de 2020 de concesión do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización, no enderezo www.tramita.igape.es (apartado «Consulta de resolucións definitivas» http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas). O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. A Resolución de data 27 de novembro de 2020 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2020

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica