Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social se ditou Resolución do 19 de novembro de 2020, dirixida a Marsegur Seguridad Privada contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber igualmente que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto e que as seguintes notificacións se farán fixando copia da resolución no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamentos.
E para que sirva de notificación en legal forma a Marsegur Seguridad Privada, en ignorado paradoiro, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 19 de novembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza