Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 19 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se somete a información pública un proxecto para a instalación dun establecemento de acuicultura en zona terrestre no lugar de Rons, termo municipal do Grove.

En cumprimento do artigo 10 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 110, do 9 de xuño), sométese a información pública o proxecto para a instalación do establecemento que se describe:

Solicitante: A Ostreira, S.L. (B36022598).

Tipo: criadeiro de moluscos.

Proxecto: legalización e adecuación á normativa aplicable dunha instalación de acuicultura.

Localización: lugar de Rons, termo municipal do Grove (Pontevedra).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta dirección xeral, situada na praza de Europa, 5 A, 4º (polígono das Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2020

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica