Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49193

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa, por taxación conxunta, das parcelas non incorporadas voluntariamente á Xunta de Compensación UA B, polígono número 2 SAU 11.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o mércores 4 de novembro de 2020 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«(...) Primeiro: aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa polígono 2-SAU 11 Melide (A Coruña); promotor: Juan Carlos e Eladio Casal Vázquez; situación: sector 2-SAU 11, 15800 (A Coruña); doutor arquitecto: Santiago Muñiz Gómez, abril de 2020, asinado dixitalmente o 21.4.2020.

Segundo: proceder á apertura dun período de información pública polo prazo de un mes, mediante anuncio publicado no taboleiro de anuncios do Concello, no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que coiden convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello no seguinte enderezo: sede.concellodemelide.gal.

Terceiro: así mesmo, as taxacións notificaranse individualmente aos que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación (...)».

O expediente estará á disposición dos interesados durante o prazo dun mes nas dependencias da área de urbanismo do Concello de Melide, das 9.00 ás 13.00 horas, con cita previa, que poderá solicitarse no teléfono 981 50 50 03.

Melide, 17 de novembro de 2020

José Manuel Pérez Penas
Alcalde