Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49052

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 28 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 171, do 25 de agosto) (código de procedemento SI452A).

Mediante a Resolución do 28 de xullo de 2020 establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en concorrencia competitiva, das axudas ás entidades de iniciativa social destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas para o ano 2020. Estas axudas teñen como finalidade a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero e recolle varios tipos de programa que se desenvolverán como se establece no seu artigo 5.

Os tipos de programas e actuacións subvencionables, segundo o artigo 5 serán os seguintes:

a) Acollemento, atención e asesoramento para mulleres en situación de vulnerabilidade.

b) Acollida e aloxamento que coadxuven na protección e seguridade das vítimas da violencia de xénero e das súas fillos e fillas.

c) Programas de información e formación para o empoderamento e participación activa dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade e a mulleres do medio rural, que impulsen o emprendemento, o autoemprego, a formación e a mellora da súa capacitación de cara a mellorar a súa empregabilidade.

d) Programas de conciliación dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade que consistan en actividades de coidado e atención a menores de doce anos, persoas con discapacidade e/ou dependentes e persoas maiores.

e) Actuacións de información e de formación para o empoderamento e participación activa das mulleres, en especial as que sofren situacións de vulnerabilidade e/ou as que residen no medio rural.

f) Programas para o tratamento da saúde integral das mulleres e/ou sobre a sexualidade das mulleres.

g) Programas de apoio e tratamento integral dirixidos a grupos de mulleres vítimas da violencia de xénero especialmente vulnerables: mozas e adolescentes, mulleres con discapacidade, mulleres maiores, mulleres que residen no medio rural, mulleres inmigrantes, mulleres pertencentes a minorías étnicas, etc.

h) Programas de que coadxuven na protección e seguridade das vítimas da violencia de xénero e das súas fillos e fillas.

As bases reguladoras recollen a concesión de anticipos do 100 % das subvencións concedidas sen depósito de garantías, cuxos pagamentos serán imputables ao exercicio 2020, para os tipos de programas subvencionables establecidos no artigo 5 para que as entidades beneficiarias poidan facer fronte aos gastos derivados das actuacións obxecto de subvención.

Na súa reunión do 9 de xullo de 2020, o Consello da Xunta de Galicia autorizou a concesión de anticipos do 100 %, na Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, para o ano 2020.

De acordo co establecido no artigo 2º da convocatoria, o crédito destinado ao financiamento destas axudas é o seguinte:

Aplicación orzamentaria

Proxecto contable

Importe (€)

05.00.313B.481.2

2018 00004

457.068,00 €

O importe consignado nesta convocatoria son fondos transferidos dende o Ministerio de Dereitos Socias y Agenda 2030 e teñen a consideración de transferencia condicionada exclusivamente á concesión real e efectiva de subvencións destinadas a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas. No BOE do 7 de novembro de 2020, o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a través da Orde DSA/1045/2020, do 29 de outubro, publicou o Acordo do Consello de Ministros do 13 de outubro de 2020, polo que se autorizan os criterios de distribución, e a distribución resultante, aprobados polo Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, destinados a subvencionar, por parte das comunidades autónomas e cidades con estatuto de autonomía, actividades de interese xeral con cargo á asignación del 0.7 % do imposto sobre a renda das personasfísicas, para o ano 2020.

No citado acordo asígnase a esta comunidade autónoma o importe global de 17.127.112,58 euros para a anualidade 2020, o que supón que a Comunidade Autónoma de Galicia conta cunha contía adicional de 3.220.365,12 € para o financiamento dos anteditos programas con respecto á cantidade consignada como definitiva nos orzamentos xerais da comunidade autónoma para 2019.

Con base nese importe e segundo os criterios de repartición establecidos pola Xunta de Galicia, en base ás contías asignadas na anualidade do ano 2019 e dos anos anteriores, o importe adicional que se lle asignou á Secretaría Xeral da Igualdade é o seguinte:

Código de proxecto

Aplicación orzamentaria

Importe adicional

2018 00004

05.11.313B.481.2

167.731,89 €

O artigo 2.2 da resolución do 28 de xullo de 2020 establece que, de acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado, entre outros supostos, dunha xeración de crédito.

Por este motivo, e co obxecto de repartir entre as entidades de iniciativa social que concorran a convocatoria de axudas a totalidade dos fondos recadados para este fin, tramítase esta resolución pola que se incrementa o crédito dispoñible para as subvencións previstas na resolución do 28 de xullo por unha contía igual á xeración de crédito realizada.

O crédito dispoñible final será o seguinte:

Aplicación

Proxecto

Crédito actual

Ampliación

Crédito total

05.11.313B.481.2

2018 00004

457.068,00

167.731,89

624.799,89

En consecuencia co exposto, de acordo co previsto no Decreto 110/2020, do 6 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, creouse a Consellería de Emprego e Igualdade e en desenvolvemento do mesmo aprobouse o Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e segundo o establecido no Decreto 88/2018, do 26 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, entanto non se teña aprobado o decreto de estrutura da Consellería de Emprego e Igualdade, correspóndelle á Secretaría Xeral da Igualdade, como órgano superior da Administración autonómica en materia de igualdade, entre outras, impulsar as actuacións conducentes á promoción da igualdade e á eliminación da discriminación entre mulleres e homes, así como á eliminación da violencia de xénero nos termos establecidos na Constitución, no Estatuto de autonomía de Galicia, no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e na demais lexislación aplicable na materia. Preténdese ampliar a dotación orzamentaria prevista na Resolución do 28 de xullo

DISPOÑO:

Artigo único

1. Amplíase a dotación orzamentaria destinada a financiar as subvencións, en concorrencia competitiva, das axudas ás entidades de iniciativa social destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas para o ano 2020 (código de procedemento SI452A) establecida no artigo 2.1 da Resolución do 28 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas para o ano 2020 (código de procedemento SI452A). (DOG número 171, do 25 de agosto de 2020).

2. O incremento da dotación será de 167.731,89 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.313B.481.2, no código de proxecto 2018 00004 coa denominación IRPF consignada no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

O crédito dispoñible para atender á citada convocatoria de axudas (código de procedemento SI452A), queda así establecido en 624.799,89 €. Quedando o crédito total da convocatoria do seguinte xeito:

Aplicación

Proxecto

Crédito actual

Ampliación

Crédito total

05.11.313B.481.2

2018 00004

457.068,00

167.731,89

624.799,89

Esta ampliación de crédito non afecta o prazo establecido no artigo 7.3 da Resolución do 28 de xullo de 2020, para a presentación de solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade