Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49045

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 247, do 30 de decembro de 2019).

O artigo 20 da Orde do 12 de decembro de 2019, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2020, establece que no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións se publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2019, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2020 (DOG núm. 247, do 30 de decembro), segundo o anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2020

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Norma reguladora: Orde do 12 de decembro de 2019, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2020 (código de procedemento MT811A).

Crédito orzamentario: 125.000 euros.

Aplicación orzamentaria: 07.03.541B.460.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Finalidade: axudas para actuacións encamiñadas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que estean nos centros de recollida autorizados, e/ou formen parte das colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, e relativas aos gastos derivados do acto clínico para a esterilización cirúrxica dos animais coa dobre finalidade de evitar a súa reprodución incontrolada e a promoción da súa adopción e as relativas aos gastos derivados do acto clínico para a identificación animal mediante a implantación do microchip, correspondente inscrición no Regiac e expedición do pasaporte sanitario, de acordo co recollido no artigo 12 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.

Expediente, entidades beneficiarias, aplicación orzamentaria, importe adxudicado:

Expediente

Entidade beneficiaria

Aplicación orzamentaria

Importe adxudicado (€)

MT811A/001/2020

Concello de Aranga

07.03.541B.460.0

400,00

MT811A/002/2020

Concello de Ourense

07.03.541B.460.0

13.290,00

MT811A/003/2020

Concello de Celanova

07.03.541B.460.0

1.586,00

MT811A/004/2020

Concello de Coirós

07.03.541B.460.0

6.140,00

MT811A/005/2020

Concello de Lugo

07.03.541B.460.0

17.565,00

MT811A/006/2020

Concello de Cambados

07.03.541B.460.0

18.245,00

MT811A/007/2020

Concello de Camariñas

07.03.541B.460.0

2.077,59

MT811A/008/2020

Deputación Provincial de Ourense

07.03.541B.460.0

13.263,65

MT811A/009/2020

Concello de Meis

07.03.541B.460.0

1.110,00

MT811A/010/2020

Concello de Vilagarcía de Arousa

07.03.541B.460.0

17.325,00

MT811A/011/2020

Concello de Verín

07.03.541B.460.0

6.305,00

MT811A/012/2020

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

07.03.541B.460.0

11.445,00

MT811A/013/2020

Concello de Ribeira

07.03.541B.460.0

1.677,71

MT811A/014/2020

Concello de Santiago de Compostela

07.03.541B.460.0

12.530,05

MT811A/015/2020

Concello de Ponteareas

07.03.541B.460.0

2.040,00