Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49063

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 19 de novembro de 2020 de premios e axudas para a fase final da especialidade de teatro do programa Xuventude Crea (procedemento BS310Q), da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.

No Diario Oficial de Galicia número 135, do 8 de xullo de 2020, publícase a Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento BS310Q). O procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da mocidade galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O 19 de novembro de 2020, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto no artigo 15.2, dita resolución no procedemento BS310Q, na especialidade de teatro do programa Xuventude Crea, convocado pola Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias das axudas e a relación definitiva de premios.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 15 e 19 da referida Orde do 22 de xuño de 2020, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.xunta.es, con carácter complementario.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido integro da Resolución do 19 de novembro de 2020 ditada no procedemento BS310Q, concesión de premios e axudas para a fase final da especialidade de teatro do programa Xuventude Crea no ano 2020, e na páxina web http://xuventude.xunta.es.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 19 de novembro de 2020 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 22 de xuño de 2020, a participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes, a favor da Consellería de Política Social, dos dereitos de difusión dos proxectos presentados no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se considere oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia.

As obras das persoas participantes deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación coa decisión da persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, e entenderase que os seus autores e autoras renuncian a todo tipo de dereito sobre elas. A citada Dirección Xeral poderá darlles o destino que considere oportuno.

Cuarto. Segundo o artigo 18.3 da Orde do 22 de xuño de 2020, as persoas premiadas deberán:

Colaborar nas accións de difusión que se organicen, así como autorización de edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social (http://xuventude.xunta.es/), redes sociais e demais medios de difusión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conservar os orixinais das obras premiadas e poñelos á disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.

No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión por parte da persoa premiada, deberá indicarse de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución dos premios e axudas para a fase final da especialidade de teatro do programa Xuventude Crea no ano 2020 (DOG núm. 135, do 8.7.2020)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea

Mediante a Orde da Consellería de Política Social do 22 de xuño de 2020 (DOG núm. 135, do 8 de xullo), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.

No seus artigos 2 e 3 recolle a definición das especialidades deste programa e dos premios por cada especialidade:

– Un primeiro premio de 3.000 €.

– Un segundo premio de 1.500 €.

– Un terceiro premio de 1.000 €.

Poderanse outorgar mencións de honra, que carecerán de dotación económica.

Así mesmo, no seu artigo 43 define unha axuda de 650 euros para cada grupo finalista da especialidade de teatro.

O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da comisión de selección de cada especialidade.

A comisión de selección da especialidade de teatro asinou as actas en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite e as ditas actas foron trasladadas ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución dos premios da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles ás persoas que se relacionan no anexo I as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de teatro do programa Xuventude Crea no ano 2020 convocadas na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.10.

Segundo. Concederlles ás persoas que se relacionan no anexo II os premios da especialidade de teatro do programa Xuventude Crea no ano 2020 convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.10.

Terceiro. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2020

A conselleira de Política Social
P.D. (Orde do 22 de xuño de 2020; DOG núm. 135, do 8 de xullo)
Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO I

Relación de persoas finalistas.

Especialidade de teatro.

Programa Xuventude Crea 2020.

Nº de exp.

Nome

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Importe da axuda

2020/337

Asociación Palimoco

G27262153

Peixe lúa

Os miserables

650,00 €

2020/237

Lohengrín Teatro

G36708378

Lohengrín Teatro

Coa mirada nas súas mans

650,00 €

2020/357

Farándula Velutina, da

asociación As Nove Musas

G70565346

Lavandeiras

Animais de compañía

650,00 €

2020/175

Roberto Comesaña Casal

***8745**

Lampreas

Déixanos entreterte

650,00 €

2020/248

Asoc. Cultural Teatro do Ar

G36927739

Panxonicos

Lume

650,00 €

2020/339

Daniel Baamonde Boquete

***3452**

Vai no dentista

Fóra de xogo

650,00 €

ANEXO II

Relación de persoas premiadas.

Especialidade de teatro.

Programa Xuventude Crea 2020.

Premio

Nº de exp.

Nome

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Importe do premio

1º premio

2020/337

Asociación Palimoco

G27262153

Peixe lúa

Os miserables

3.000,00 €

2º premio

2020/237

Lohengrín Teatro

G36708378

Lohengrín Teatro

Coa mirada nas súas mans

1.500,00 €

3º premio

2020/357

Farándula Velutina, da

asociación As Nove Musas

G70565346

Lavandeiras

Animais de compañía

1.000,00 €