Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49097

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 30 de novembro de 2020 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.

Mediante Orde desta consellería do 24 de setembro de 2020 (DOG nº 203, do 7 de outubro) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal directivo na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.

De conformidade co establecido no artigo 36 do Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 24 de setembro de 2020 (DOG nº 203, do 7 de outubro).

Segundo. Vista a proposta realizada polo Consello Reitor da axencia en sesión celebrada o 30 de novembro de 2020, seleccionar e nomear, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo desta orde.

Terceiro. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpor recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2020

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Posto: xerente da Axencia.

Nome e apelidos: Antonio Fernández-Campa García-Bernardo.

DNI (*): ***3503**.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.