Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 30 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RAI-LU-53/2020 (R2018_16 UTA 12X00214).

O 21 de outubro de 2020, o secretario xeral técnico da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG nº 131, do 12 de xullo), ditou resolución do recurso de alzada RAI-LU-53/2020 (R2018_16 UTA 12X00214) interposto por Miguel Ángel Ascariz Ferreira.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Iván Varela Villar, como parte interesada, a resolución antes referida.

O interesado poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico Xurídico I da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; todo iso de acordo co establecido no artigo 10.1 letra a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Conforme o disposto no artigo 46.1 da citada lei, o prazo de presentación do referido recurso é de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2020

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda e
Consellería de Economía, Empresa e Innovación