Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 27 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza á persoa interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento de acceso á información pública en materia de enerxía.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), logo de intentada a notificación persoal a través servizo de Correos, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE (Boletín Oficial del Estado), para comparecer, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias da Sección de Enerxía desta xefatura, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 5ª planta, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Debido ao Protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de novembro de 2020

O xefe territorial de Pontevedra
P. A. (Decreto 135/2017, artigos 62.3 e 63.1)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa de servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

Disposición transitoria segunda do Decreto 130/2020, do 17 de setembro.

ANEXO

Interesado

Acto Notificado

Muebles Carballo, S.A.

Traslado de solicitude de acceso de vista ao expediente IN407A 2001/375 de alta tensión.