Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 13 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a resolución de autorización para a ampliación do aproveitamento de recursos da sección A) denominado Furco número 167, no concello de Becerreá, provincia de Lugo.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo fai público que o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais asinou o 9 de novembro de 2020 a resolución de autorización para a ampliación do aproveitamento da explotación que a seguir se describe:

Nome: Furco.

Número de expediente: 167.

Recurso: sección A), áridos calcarios.

Superficie: 13,94 ha.

Termo municipal: Becerreá.

Titular: Grupo Bascuas 2008, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Lugo, 13 de novembro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 190, do 18 de setembro).